Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 12 de abril de 2021 Páx. 18774

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 22 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da infraestrutura gasística de distribución denominada transmisión da acometida interior de gas natural da EDAR de Bens (A Coruña), promovida por Nedgia, S.A. (expediente IN627A 2021/2-1).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionaria: Nedgia, S. A., con CIF A66560152, e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Obxecto da petición: o proxecto prevé a incorporación da acometida interior de alta presión de gas natural a Edar Bens, integrándoa na rede de distribución de gas natural propiedade de Nedgia, S.A. no termo municipal da Coruña, provincia da Coruña:

– Acometida de aceiro DN 6” en MOP 16 bar e lonxitude de 93,08 metros cuxa conexión inicial se realiza desde a rede de distribución existente nun camiño de acceso preto da Edar Bens no TM da Coruña (A Coruña).

– Válvula de entrada á ERM.

Esta acometida interior foi inscrita, a nome da Empresa Municipal de Aguas de A Coruña, S.A., no Rexistro de Establecementos Industriais de Galicia (REIG 15/31448) como parte da instalación receptora de alta presión (IN625A 2011/105).

Empresa Municipal de Aguas de A Coruña, S.A. e Nedgia, S.A. achegaron un acordo entre as partes para a transmisión desta canalización e incorporarala á rede de distribución de Gas Natural, para poder realizar a conexión da planta de biometanización de Edar Bens neste tramo de rede.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da data da última publicación deste anuncio.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda da Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 70 e 981 18 49 38), así como no concello. Tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-gas.

A Coruña, 22 de marzo de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña