Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 12 de abril de 2021 Páx. 18661

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 22 de marzo de 2021 pola que se anuncia a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 62, do luns 5 de abril de 2021, procédese a efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 17752, no anexo I, onde di: «Código: EI50100000015770001», debe dicir: «Código: EFB010000015770001».

Na páxina 17753, no anexo I, onde di: «Código: EI50100000015770005», debe dicir: «Código: EFB010000015770005».

Na páxina 17753, no anexo I, onde di: «640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (r.i.)», debe dicir: «641 (para persoal doutra Administración, curso de iniciación de galego (r.i.)».