Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 12 de abril de 2021 Páx. 18808

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 29 de marzo de 2021, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o pagamento de depósitos previos e a formalización de actas de ocupación ao non poder efectuarse as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra de clave PO/17/149.06.

Para os efectos de coñecemento dos interesados, tendo resultado infrutuosos os intentos de notificación e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, polo presente anuncio notificase ás persoas sinaladas no anexo o pagamento de depósitos previos e formalización de actas de ocupación do expediente expropiatorio polas obras do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria (MSV) no contorno de treitos de concentración de accidentes (TCA) na estrada PO-551, p.q. 29+000 a 32+700, de clave PO/17/149.06, que terá lugar no Concello de Moaña o día 22 de abril de 2021.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre bens afectados, por si mesmos ou representados por persoal debidamente autorizado, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

As persoas poden tomar vista do expediente no Servizo Provincial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 29 de marzo de 2021

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Predio

Ref. catastral

Persoa interesada

Data

Hora

1

36029A04100042

Freire Santomé, José Benito (herdeiros de)

22.4.2021

11.00

7

36029A03800303

Verdeal Silva, Juan Diego

22.4.2021

11.40

11

36004A02500366

Táboas González, Juan Diego

22.4.2021

12.20