Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 9 de abril de 2021 Páx. 18555

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Rosal

ANUNCIO de notificación en materia de xestión da biomasa.

Ao ser preciso o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e da retirada de árbores das especies incluídas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e conforme o establecido no artigo 22.3 da Lei 3/2007 e nos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento son descoñecidos, as notificacións efectuaranse por medio dun anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado cos datos catastrais do terreo, e a eficacia do acto notificado queda supeditada á publicación no Boletín Oficial del Estado.

As persoas interesadas poden consultar o contido íntegro do acto que se notifica e o correspondente expediente no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, e a comparecencia realizarase nas dependencias municipais, situadas na praza do Calvario, nº 1, 36770 O Rosal, en horario de atención ao público.

Nº de expediente

Referencia catastral

901/2020

36048A052005530000FB

O Rosal, 24 de marzo de 2021

Ánxela Fernández Callís
Alcaldesa