Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 9 de abril de 2021 Páx. 18530

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ANUNCIO do 23 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se lle notifica ao interesado o acordo de execución da resolución do procedemento SXRH-PD-6/2019 e se cita para a entrega dunha copia do acordo.

No procedemento disciplinario tramitado coa referencia SXRH-PD-6/2019 na Consellería de Cultura, Educación e Universidade, ditouse o 14 de xullo de 2020 a resolución que puña fin ao procedemento, pola que se lle impuña ao expedientado unha sanción de suspensión firme de funcións por un período de seis anos.

Para a execución da dita resolución, este xefe territorial ditou o 8 de marzo de 2021 o acordo polo que se fixa o período concreto en que o interesado estará en suspensión de funcións.

Os intentos de notificación deste acordo realizáronse no domicilio da persoa interesada, a través do servizo de Correos e tamén mediante a posta á disposición electrónica, intentos que resultaron infrutuosos. Por tal motivo, de conformidade co disposto nos artigos 44 a 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase este anuncio, para que sirva de notificación á persoa interesada, do acordo de execución da resolución ditada no procedemento disciplinario tramitado coa referencia SXRH-PD-6/2019.

Para coñecer o texto íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada disporá dun prazo de tres (3) días, do 26 ao 28 de abril de 2021, para comparecer nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (Servizo de Recursos Humanos), na avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 7º andar, en Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Pontevedra, 23 de marzo de 2021

César A. Pérez Ares
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: SXRH-PD-6/2019.

Persoa interesada: 07871175T.

Acto que se notifica: acordo de execución da resolución disciplinaria ditada no procedemento SXRH-PD-6/2019, polo que se fixa o período de seis anos de suspensión firme de funcións do 1 de maio de 2021 ao 30 de abril de 2027.