Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 9 de abril de 2021 Páx. 18527

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 23 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, en que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual das normativas urbanísticas que rexen as parcelas dos equipamentos públicos nos parques empresariais de Penapurreira e Os Airíos, no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente 2020AAE2519).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 22 de marzo de 2021, sobre a modificación puntual das normativas urbanísticas que rexen as parcelas dos equipamentos públicos nos parques empresariais de Penapurreira e Os Airíos, no concello das Pontes de García Rodríguez.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no enderezo da internet:

https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave introducindo o código: 2376/2021.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático