Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 8 de abril de 2021 Páx. 18290

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (420/2018).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 420/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Carlos Samper Pérez contra Hostelería Heroica, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou resolución, do 9.3.2021, coa seguinte parte dispositiva:

Parte dispositiva:

Estímase a demanda formulada por José Carlos Samper Pérez fronte á empresa Hostelería Heroica, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Hostalaría Heroica, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de cinco mil cincocentos corenta e seis euros con vinte e sete céntimos de euro (5.546,27 euros); os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. A presente sentenza leuna e publicouna o xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, en audiencia pública. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hostelería Heroica, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza