De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior, e logo de intentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícaselles ás persoas beneficiarias e solicitantes de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego. A seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Para o caso de requirimentos de documentación, en virtude do preceptuado no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), deberán emendar a falta ou acompañar a información solicitada, no prazo máximo e improrrogable de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, presentando a documentación que se lle require, advertíndolle de que de non facelo así, teráselle por desistido da súa solicitude, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da citada norma.
Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá poñerse en contacto co Servizo de Formación e Colocación, das 9.00 ás 14.00, de luns a venres, nos teléfonos 886 21 81 65 ou 986 81 76 53, para pedir cita presencial, en virtude dos protocolos pola pandemia da COVID-19.
Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Vigo, 15 de marzo de 2021
Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Interesado/a (DNI/NIE) |
Nº expediente |
Acto que se notifica |
Concello |
36141058P |
TR301V-2020/003118-5 |
Requirimento de documentación de bolsas e axudas |
Vigo |
47921924K |
TR301V-2018/001237-5 |
Acordo de declaración de procedencia de reintegro de bolsas e axudas |
Baiona |
53180012X |
Sen expediente |
Resposta a unha queixa sobre bolsas e axudas. Curso 2019/000243 |
Nigrán |