Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 8 de abril de 2021 Páx. 18340

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 18 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan os interesados ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Ret. LMTA a LMTS LES805 (Estrada-Gradín número 5), no concello da Estrada.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese practicar…», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Ret. LMTA a LMTS LES805 (Estrada-Gradín nº 5), no concello da Estrada, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 18 de marzo de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2018/480-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Ret. LMTA a LMTS LES805 (Estrada-Gradín nº 5).

Concello: A Estrada.

Predio

Ref. catastral

Lugar

Titularidade proposta

Data

Hora

1

36017K503002730000EG

Outeiro

Descoñecido

22.4.2021

12.00

2

36017K506006440000EA

Veiga da Costa

Descoñecido

22.4.2021

12.00