Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 8 de abril de 2021 Páx. 18304

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción de varias instalacións eléctricas no concello de Celanova (expediente IN407A 2021/19-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado en Ourense polo enxeñeiro técnico industrial Jorge Ferreirós Lama, colexiado nº 125 do COETI Ourense, o día 18.2.2021, con visado electrónico nº V210064 do sinalado colexio profesional, da mesma data:

Solicitante: Promo Celanova, S.L. - CIF B-32504227.

Enderezo para efectos de notificacións: Faustino Santalices, nº 35, 32840 Bande (Ourense).

Denominación: LMT, CT e RBT lugar estrada de Mourillós, 27.

Situación: concello de Celanova (Ourense).

Orzamento: 69.858,68 €.

Características técnicas:

LMTS a 20 kV, con E/S no CT proxectado, de 210 m de lonxitude en condutor tipo RHZ1-12/20 kV 3×1×240 mm2 Al, con orixe na LMTS CEL809 a CT Castor Elices (32SF86) e final no CT proxectado en estrada Mourillós, 27.

CT proxectado, de tipo compacto con celas 2L+1P/compacto TC GPRS/FO, de 250 kVA de potencia aparente e R/T 20.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 10 de marzo de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense