Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 8 de abril de 2021 Páx. 18359

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 25 de marzo de 2021, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifican o pagamento de depósitos previos e a formalización de actas de ocupación ao non poder efectuarse as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra de clave PO/16/267.06.

Para os efectos de coñecemento dos interesados, resultando infrutuosos os intentos de notificación, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante o presente anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no anexo o pagamento de depósitos previos e formalización de actas de ocupación do expediente expropiatorio polas obras do fomento da mobilidade sustentable, senda na PO-551, treito Trasouto-Alto da Portela-CG-4.1, puntos quilométricos 12+720-14+440, de clave PO/16/267.06, que terá lugar no concello de Bueu o día 15 de abril de 2021.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou os titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmos ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

As persoas poden tomar vista do expediente no Servizo Provincial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 25 de marzo de 2021

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Predio

Ref. catastral

Persoa interesada

Data

Hora

3

36004A02500250

Otero Castro, Cristina

15.4.2021

11.30

4

36004A02500289

Vilas Currás, José

15.4.2021

11.30

6

36004A02500366

Fernández Currás, Asunción

15.4.2021

12.00