Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar, do 9 de marzo de 2021, se autorizou a transmisión da titularidade dos establecementos de acuicultura que se describen:
Establecemento 1:
Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.
Identificación e localización: parcela número 844 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 180,45 m2.
Data da Resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
Establecemento 2:
Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.
Identificación e localización: parcela número 851 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 170,42 m2.
Data da Resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: inter vivos.
Antigas titulares: María Jesús Pérez Álvarez e María Josefa Pérez Álvarez.
Novo titular: Pío González Pérez (***8462**).
O novo titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas das anteriores.
Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: as novas titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.
Vigo, 10 de marzo de 2021
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo