Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 6 de abril de 2021 Páx. 18017

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 17 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade das resolucións polas que se revisan varias autorizacións ambientais integradas.

De conformidade co disposto no artigo 24 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade ás seguintes resolucións:

Instalación: explotación avícola de polos de ceba

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Avícola de Galicia, S.A.U.

Localización: lugar de Arcos, parroquia de San Tomé de Nogueira, concello de Meis (Pontevedra)

Expediente: 2019-IPPC-M-147

Instalación: explotación porcina industrial tipo mixto e explotación avícola para produción de ovos de consumo

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Avipor Silleda, S.L.

Localización: Saídres, concello de Silleda (Pontevedra)

Expediente: 2019-IPPC-I-112

Instalación: explotación de recría de galiñas reprodutoras e galos

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Cooperativa A Ponte, S.C.G.

Localización: Texós, concello de Baltar (Ourense)

Expediente: 2019-IPPC-I-116

Instalación: explotación avícola de polos de ceba

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titular: LP Aves, S.C.

Localización: Mercurín, concello de Boimorto (A Coruña)

Expediente: 2019-IPPC-I-113

Estas resolucións poderán consultarse na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático