Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 6 de abril de 2021 Páx. 18029

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de marzo de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de inicio do expediente de clasificación do monte Casa Cultural de Vilar de Infesta, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vilar de Infesta, parroquia de Vilar de Infesta, concello de Redondela.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, na sesión que tivo lugar o día 10 de agosto de 2020 acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Redondela.

Parroquia: Vilar de Infesta.

Nome do monte: Casa Cultural Vilar de Infesta.

Cabida: 3.411 m2 (superficie alegada na solicitude).

Referencias catastrais: parte das parcelas catastrais seguintes: 1966709NG3716N, 36045A05400222, 36045A05400219, 1867802NG3716N, 000706200NG37E.

Estremas:

Norte: estrada da Igrexa.

Sur: estrada de Redondela ao aeroporto de Peinador.

Leste: Perfecto Blanco Martínez, herdeiros de Manuel Alonso Martínez e Dolores Figueroa.

Oeste: rúa Párroco Don Luis.

O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Pontevedra, 5 de marzo de 2021

Xosé Carlos Morgade Martínez
Instrutor