Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 6 de abril de 2021 Páx. 18045

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 22 de marzo de 2021, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude presentada polo Concello de Foz de modificación substancial, por aumento de volume construído, para ampliación da edificación existente dentro da concesión administrativa outorgada ao Concello de Foz no dominio público portuario do porto de Foz, para a construción dun parque infantil de educación viaria (expediente 14-03-04-C-2).

O día 16.3.2021 a presidenta de Portos de Galicia acordou iniciar o trámite da modificación substancial, por aumento de volume construído, para ampliación da edificación existente dentro da concesión administrativa outorgada ao Concello de Foz no dominio público portuario do porto de Foz, para a construción dun parque infantil de educación viaria, de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 69 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 22 de marzo de 2021

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte