Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 5 de abril de 2021 Páx. 17763

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Emprego e Igualdade

ORDE do 24 de marzo de 2021 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Mediante a Orde do 17 de decembro de 2020, publicada no Diario Oficial de Galicia número 260, do 29 de decembro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Emprego e Igualdade.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei e o artigo 17.4 do citado decreto,

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde do 17 de decembro de 2020 e designar o funcionario cuxos datos se sinalan no anexo desta orde para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia ou, de ser o caso, segundo o establecido na normativa de aplicación na Administración de procedencia.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres (3) días hábiles a partir do día seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte (20) días hábiles.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal, a partir da data da alta.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa a persoa funcionaria, así como a daquel no que obteña praza, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales darán traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición perante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2021

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade

ANEXO

Datos do funcionario:

Apelidos e nome: Varela Domarco, Iván.

DNI: ***4707**.

Grupo/subgrupo: C2.

Corpo e/ou escala: corpo xeral auxiliar da Administración do Estado.

Posto de traballo: secretario/a do/da secretario/a xeral da Igualdade.

Código do posto: PR.V20.00.000.15770.001.

Nivel: 18.

Centro directivo: Secretaría Xeral da Igualdade.

Localidade: Santiago de Compostela.

* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.