Co obxecto de estender o Programa de plurilingüismo á etapa postobrigatoria de bacharelato para o curso 2021/22, esta secretaría xeral de educación e formación profesional resolve anunciar:
Primeiro. Que na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (www.edu.xunta.gal) estará dispoñible a regulación e convocatoria de incorporación de centros para participar no bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach) para o curso 2021/22.
Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de abril de 2021 e a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Que os centros que desexen impartir o programa de PluriBach deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación a que se accede no enlace http://www.edu.xunta.es/programaseducativos.
Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2021
José Luis Mira Lema
Secretario xeral de Educación e Formación Profesional