Unha vez finalizada a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo) e modificado pola Orde do 13 de marzo de 2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo), e verificada a concorrencia dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria, esta Consellería, de acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Xunta de Galicia e nas bases da convocatoria do proceso selectivo,
DISPÓN:
Primeiro. Nomear persoal funcionario en prácticas do corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, as persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo) e modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo), e que figuran no anexo ordenados de acordo coa puntuación final obtida; e, adxudicarlles como destinos en prácticas os que figuran neste, unha vez celebrada a elección de destino en prácticas realizada conforme a Resolución do 19 de febreiro de 2021 (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
O nomeamento terá efectos, segundo establece a base V.5 da convocatoria, desde a data de inicio do período de prácticas regulamentado na resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública con data do 29 de marzo de 2021.
A situación xurídica das persoas aspirantes nomeadas persoal funcionario en prácticas será a prevista no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e demais disposicións concordantes.
Segundo. Nomear persoal funcionario en prácticas do corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, a Marta Ramos Pena, aspirante que superou a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG núm. 238, do 15 de decembro), e á que se lle autorizou a realización das prácticas coa promoción inmediatamente posterior por Resolución da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio (a subdirectora xeral de Apoio Técnico-Xurídico por Resolución do 10 de xullo de 2018) de data 26 de xullo de 2018, e, adxudicarlle como destino en prácticas o posto que ven desempeñando na Xefatura de Servizo de Fiscalización e Contabilidade na Intervención delegada da Presidencia, Consello da Cultura Galega e Consello Consultivo.
Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2021
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
Anexo
Nomeamento de persoal funcionario en prácticas e adxudicación de destinos en prácticas
Corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas
Núm. |
DNI |
Apelidos e nome |
Código do posto |
Denominación |
Cons. |
Centro directivo |
Centro destino |
Concello |
Subgrupo |
Nivel |
1 |
***4386** |
Serramito Calvo, Cristina |
FC.C03...1577.0512 |
Técnico/a de auditoría |
FC |
S. X. de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións |
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma |
Santiago de Compostela |
A1, A2 |
25 |
2 |
***2601** |
Pérez González, Óscar |
FC.C03...15770.513 |
Técnico/a de auditoría |
FC |
S. X. de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións |
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma |
Santiago de Compostela |
A1, A2 |
25 |
3 |
***1890** |
Agrelo Carballeda, Silvia |
FC.C04...15770.503 |
Técnico/a financeiro/a |
FC |
S. X. de Recursos e Análise Orzamentaria |
Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos |
Santiago de Compostela |
A1, A2 |
25 |
4 |
***5004** |
Iglesias Fernández, Verónica |
FC.C04...15770.502 |
Analista de custos de persoal I |
FC |
S. X. de Custos de Persoal |
Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos |
Santiago de Compostela |
A1, A2 |
25 |
5 |
***8508** |
Moreno Veloso, María Sonia |
FC.A29...36560.518 |
Subxefatura Unidade de Inspección |
FC |
Delegación Vigo |
Axencia Tributaria de Galicia (Servizos Periféricos) |
Vigo |
A2 |
24 |
6 |
***2273** |
Vázquez Regueiro, María Dolores |
FC.A29...36001.510 |
Xefatura de equipo |
FC |
Delegación Pontevedra |
Axencia Tributaria de Galicia (Servizos Periféricos) |
Pontevedra |
A1, A2 |
25 |
7 |
***7892** |
Jiménez Acevedo, Jenifer |
FC.A29...36560.519 |
Subxefatura Unidade de Inspección |
FC |
Delegación Vigo |
Axencia Tributaria de Galicia (Servizos Periféricos) |
Vigo |
A2 |
24 |
8 |
***5987** |
Seoane Fernández, Julián |
FC.A29...15001.517 |
Subxefatura Unidade de Inspección |
FC |
Delegación A Coruña |
Axencia Tributaria de Galicia (Servizos Periféricos) |
A Coruña |
A2 |
24 |
9 |
***4766** |
Martínez Nieto, Eva |
FC.A29...36001.511 |
Xefatura de equipo |
FC |
Delegación Pontevedra |
Axencia Tributaria de Galicia (Servizos Periféricos) |
Pontevedra |
A1, A2 |
25 |
10 |
***5589** |
Grela Carballeira, Irene |
FC.A29...32001.510 |
Subxefatura Unidade de Inspección |
FC |
Delegación Ourense |
Axencia Tributaria de Galicia (Servizos Periféricos) |
Ourense |
A2 |
24 |