Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 5 de abril de 2021 Páx. 17888

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 16 de marzo de 2021 polo que se fai público o extravío de avais bancarios do Monte Real Club de Yates de Baiona.

Solicitada polo Monte Real Club de Yates de Baiona, con CIF G36623346, a devolución dos avais bancarios 0182-5355-0988-5736600001 (de data 21.9.1990 polo importe de 3.982,49 €), 0182-5355-0988-5736700001 (de data 18.8.1990 polo importe de 347,48 €), 0182-5355-0988-5736800001 (de data 18.8.1990 polo importe de 901,52 €) e 0182-5355-0988-5737000001 (de data 25.8.1994 polo importe de 2.046,14 €) e extraviados os orixinais dos referidos avais, a presidenta da entidade pública empresarial Portos de Galicia acorda facer públicos os ditos extravíos, co fin de que durante o prazo de quince días poidan formular reclamacións cantos se consideren interesados.

Rematado o dito prazo sen terse recibido reclamacións ao respecto, Portos de Galicia procederá a efectuar os trámites correspondentes para autorizar a cancelación dos ditos avais, por non existiren responsabilidades pendentes das cales poidan responder os avais.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2021

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia