Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2021 Páx. 17581

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (DSP 383/2020).

Eu, Sinesio Novo Fernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despido/cesamentos en xeral 383/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristóbal Ángel Granda Franco contra Pronored, S.L.U. e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou a Sentenza do 26.2.2021 contra a cal cabe recurso de suplicación no prazo de 5 días desde a súa notificación, facéndolles saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en forma legal a Pronored, S.L.U., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de marzo de 2021

O letrado da Administración de xustiza