Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2021 Páx. 17639

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2021 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, das concesións administrativas e das bateas Juan e S.M. VI.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Juan e S.M. VI e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escritos do 2 de marzo de 2021, María Carmen Otero Treviño solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, das concesións administrativas e das bateas Juan e S.M. VI.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, nos seus artigos 209 e seguintes regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e con forma de pactos de apartación ou de mellora.

Terceira. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, a favor de María Carmen Otero Treviño (***6299**), Juan Otero Treviño (***4877**), María Josefa Otero Treviño (***4897**), Estrella Otero Treviño (***5916**) e Alberto Otero Treviño (***7650**), das concesións que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Juan.

Situación:

Cuadrícula nº: 57.

Polígono: C.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 24.6.1994.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: S.M. VI.

Situación:

Cuadrícula nº: 319.

Polígono: B.

Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 4.12.1963.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Estrella Treviño García (***1872**), Juan Otero Treviño (***4877**), María Josefa Otero Treviño (***4897**), Estrella Otero Treviño (***5916**), María Carmen Otero Treviño (***6299**) e Alberto Otero Treviño (***7650**).

Novos titulares: María Carmen Otero Treviño (***6299**), Juan Otero Treviño (***4877**), María Josefa Otero Treviño (***4897**), Estrella Otero Treviño (***5916**) e Alberto Otero Treviño (***7650**).

Os novos titulares das concesións subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores desde o momento da formalización da mellora en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 5 de marzo de 2021

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo