Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2021 Páx. 17584

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (8/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 8/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mohammad Al Amin contra a empresa Abdus Khatun Abul Kazal, se ditou Sentenza do 27.11.2020 e auto de aclaración do 14.12.2020, contra os cales non cabe recurso ningún, que está á súa disposición na oficina xudicial.

E para que sirva de notificación en forma legal a Abdus Khatun Abul Kazal, en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 8 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza