Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 30 de marzo de 2021 Páx. 17307

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 8 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Sada (expediente IN407A 2021/15-1).

Expediente: IN407A 2021/15-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMT SAD713 apoio 1.

Concello: Sada.

Características técnicas:

Tramo de liña eléctrica de media tensión aérea (actuación nº 1), a 15 kV, cunha lonxitude de 39 m, coa orixe no apoio nº 1 proxectado tipo C-16/4500, que substitúe o existente da LMT SAD713, condutor tipo LA-110 mm2 Al, e final no apoio nº 2 existente tipo C-16/3000, da LMT SAD713.

Tramo de liña eléctrica de media tensión aérea (actuación nº 2), a 15 kV, cunha lonxitude de 23 m, coa orixe no apoio nº 1 proxectado tipo C-16/4500, que substitúe o existente da LMT SAD713, condutor tipo LA-56 mm2 Al, e final no apoio nº 52-21 existente tipo
HV-12/1000, da LMT SMC716.

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 22 m, coa orixe en cela de liña existente no CT Osedo (15C492), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final no paso de aéreo a subterráneo para realizar no apoio nº 1 proxectado, tipo C-16/4500, que substitúe o existente da LMT SAD713.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2.10.2015).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2.10.2015).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27.12.2013).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27.12.2000).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19.3.2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17.12.1954).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20.6.1957).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 70 e 18 49 38), así como no concello de Sada. Tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación:
https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte.

A Coruña, 8 de marzo de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2021/15-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMT SAD713 apoio 1.

Concello: Sada.

Predio número: 1.

Lugar: Osedo.

Cultivo: horta.

Propietaria: Marisa Ares Pan.

Afección de solo en pleno dominio: apoio núm. 1, 10 m2.