Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 30 de marzo de 2021 Páx. 17326

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente MON-CO-0189-2020 FOR.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no Boletín Oficial del Estado (BOE) e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola instrutora.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 5 de marzo de 2021

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI denunciado

Acto de notificación

MON-CO-0189-2020 FOR

32592399L

Proposta de resolución