Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 30 de marzo de 2021 Páx. 17365

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 15 de marzo de 2021, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no procedemento de selección de adquirentes de vivendas de promoción pública, en segundas adxudicacións, no concello de Vilagarcía de Arousa.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola secretaria da Comisión Provincial de Vivenda de Pontevedra.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, na rúa Alcalde Hevia, 7, 4º andar, Pontevedra.

Dada a situación actual ocasionada pola COVID-19, a comparecencia solicitarase a través do seguinte correo electrónico: cita.igvs.pontevedra@xunta.gal.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 15 de marzo de 2021

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 2ªs adxudicacións VPP Vilagarcía 3D/18R.

Credencial: 80626.

DNI: 44811510N.

Acto obxecto de notificación: trámite de audiencia.

Expediente: 2ªs adxudicacións VPP Vilagarcía 4D/3R.

Credencial: 78811.

DNI: 35446728W.

Acto obxecto de notificación: trámite de audiencia.