Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 29 de marzo de 2021 Páx. 17048

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de rectificación dun erro na sentenza (DSP 229/2020).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 229/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonia García Salcedo contra Lago Gómez, S.L., en que é parte o Fogasa, sobre despedimento, se ditou o Auto do 3 de marzo de 2021 en que se rectifica o erro material da Sentenza 25/2021, do 4 de xaneiro de 2021. O texto íntegro desta resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Lago Gómez, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza