Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 26 de marzo de 2021 Páx. 16793

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 3 de marzo de 2021 de notificación de procedemento de execución subsidiaria relativo á xestión da biomasa (expediente 1115/2020).

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, unha vez tentada sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración e ao non ser posible efectuar a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Publícase o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que lle sirva de notificación á persoa interesada, para cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente se atopa á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non puider determinarse a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultar infrutuosa, a notificación da comunicación efectuarase mediante un anuncio dos datos catastrais da parcela no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita a este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa, repercutindo os custos nas persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Acto que se notifica: procedemento de execución subsidiaria (exp. 1115/2020).

Interesado: 35866545T.

Custo da execución subsidiaria: 2.572,28 euros (IVE incluído).

Ref. catastral: 36043A036010590000JQ (pol. 36-parc. 1059).

Prazo: 1 mes.

Ponte Caldelas, 3 de marzo de 2021

Andrés Díaz Sobral
Alcalde