Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 25 de marzo de 2021 Páx. 16488

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 10 de marzo de 2021 polo que se aproba a liquidación de xuros de demora derivados dos pagamentos fraccionados en concepto de importe principal da segunda multa coercitiva imposta no expediente IU1/25/2013.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 9 de febreiro de 2021, aproba a liquidación de xuros de demora derivados dos pagamentos fraccionados en concepto de importe principal da segunda multa coercitiva imposta no expediente IU1/25/2013.

Ao non poderse realizar a notificación a José Mª Romay Castro, mediante este anuncio, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a liquidación de xuros mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da notificación está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística