Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 24 de marzo de 2021 Páx. 16235

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 817/2018).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 817/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Parafita Bardanca contra a TXSS, Mutua Montañesa, Metal Works and Structures, S.L., o INSS, o administrador concursal de Metal Works and Structures, S.L. Antonio Ferreño Seoane, e Mutua Universal, sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

«Que desestimo a demanda presentada por instancia de Jesús Parafita Bardanca, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesourería Xeral da Seguridade Social, a Mutua Montañesa, a Mutua Universal e contra a entidade Metal Works and Structures, S.L. e o seu administrador concursal, Antonio Ferreño Seoane, e, en consecuencia, debo absolver e absolvo os demandados de todos os pedimentos formulados na súa contra.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírtese ás partes que contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase, igualmente, ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co número 1596, clave 65, e indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 social suplicación”, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ser condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario en primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Inserir nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Metal Works and Structures, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza