Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 24 de marzo de 2021 Páx. 16227

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (XVB 341/2016).

Eu, Ángel Gómez Santos, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fago saber que neste xulgado se ditou sentenza do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Vigo, 31 de xaneiro de 2019.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, estes autos de xuízo verbal que co número 341/2016 se seguen por instancia de Manuel González Román, que compareceu persoalmente nas actuacións e foi dirixido pola letrada Pilar Villar Pérez, contra Rafael Castro Rodríguez, declarado en situación procesual de rebeldía, os cales teñen por obxecto unha pretensión de cumprimento contractual,

Resolvo:

Estimo totalmente a demanda interposta por Manuel González Román contra Rafael Castro Rodríguez e fago, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Condeno a Rafael Castro Rodríguez a pagarlle a Manuel González Román a cantidade de 1.930 euros.

2º. Condeno a Rafael Castro Rodríguez a pagar as custas deste proceso.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, ás cales se fará saber que é firme e que contra ela non cabe formular recurso de ningún tipo.

Así o acordo, mando e asino».

Para que lle sirva de notificación ao demandado, Rafael Castro Rodríguez, expido este edicto.

Vigo, 1 de febreiro de 2019

O letrado da Administración de xustiza