Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 24 de marzo de 2021 Páx. 16260

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 10 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución dun expediente sancionador por infracción na orde social (expediente 28/2021).

Notifícaselle á persoa interesada, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución do expediente sancionador que a seguir se relaciona, anexo I, ao ser devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Emprego e Igualdade (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela) a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e artigo 23 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio (BOE do 3 de xuño) do Regulamento xeral sobre procedemento para a imposición de sancións por infraccións na orde social. O recurso interporase ante o órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo máximo de 10 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Emprego e Economía Social desta xefatura territorial, sita na avda. da Habana, 79, 7º, de Ourense.

Ourense, 10 de marzo de 2021

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expte.

Nº acta infracción

NIF/CIF

Último domicilio coñecido

Data da resolución

Importe

sanción

28/2021

I322020000034947

B32479727

R/ Abdón Blanco, 10, baixo

32300 O Barco de Valdeorras (Ourense)

1.3.2021

626,00 €