Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 24 de marzo de 2021 Páx. 16240

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Nigrán (expediente IN407A 2018/476-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Enderezo social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: ret. LMTA, LMTS, DC e GON805-806 (Monteferro 5 e Nigrán 6).

Situación: Nigrán.

Descricións técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1, en tres actuacións:

1. 346 metros; orixe: arqueta proxectada na GON8063072; final: arqueta existente na GON8063058.

2. 875 metros; orixe: arqueta proxectada na GON8052869; final: apoio proxectado C-7000/16.

3. 392 metros; orixe: centro de transformación existente Cabreira-GON806; final: apoio proxectado C-7000/16.

Retensado do van aéreo comprendido entre o apoio 2B/14 e o proxectado C-7000/16 (101 metros).

A instalación está situada na zona da Ramallosa, Nigrán.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 24 de febreiro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Municipio: Nigrán; localización: rúa Manuel Prado-San Pedro; titular: Manuel Álvarez Varela; afección: 1,62 m2 para o apoio 1 e 6,96 m2 para 5 metros de liña subterránea.