Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 24 de marzo de 2021 Páx. 16290

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 10 de marzo de 2021, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se fan públicas notificacións de incoación do expediente de reclamación de danos RD/PO-266/2020 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica nun expediente de reclamación de danos en materia de estradas (Lei 6/2015, do 7 de agosto, de estradas de Galicia), devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o/a seu/súa destinatario/a ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para compareceren na sede do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (avenida María Victoria Moreno, 43, 1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra), se desexan examinar o expediente e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén o ofrecemento de prazo de alegacións ou de recursos. Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio ou no de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do/da interesado/a, de ser o caso.

Para que conste e sirva de notificación aos interesados, asino e selo este anuncio.

Pontevedra, 10 de marzo de 2021

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

Estrada

RD/PO-266/2020

Francisco Bernárdez Lorenzo

Incoación de expediente

PO-532 (Pontevedra, Ponte Caldelas)

RD/PO-274/2020

Alejandro Ocampo Besada

Incoación de expediente

PO-404 (Guillarei, Salvaterra de Miño)

RD/PO-282/2020

Paula Braque Rodríguez

Incoación de expediente

PO-552 (Vigo, Tui)