Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 23 de marzo de 2021 Páx. 16076

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle de parcela en San Cibrao das Viñas.

Anuncio de aprobación definitiva do estudo de detalle referido á parcela con referencia catastral 3137030NG9834S0001HY do núcleo de San Cibrao das Viñas, co obxecto de sinalar correcta aliñación de peche, o que se publica para os efectos dos artigos 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 199 do seu regulamento.

«O Pleno da Corporación en sesión extraordinaria celebrada o día 12 de marzo de 2021 adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle na SE-VI”, no tramo correspondente á rúa Principal do núcleo de San Cibrao das Viñas a iniciativa particular, promovido por Carlos Vila Morales e Rosa María Feijoo e redactado polo arquitecto José Antonio Piñeiro Carrera, descrito nos antecedentes.

Segundo. Publicar o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, e o texto dos documentos que o integran así como o índice de planos do estudo de detalle no Boletín Oficial da provincia.

Terceiro. Notificar o presente acordo aos propietarios e demais interesados directamente afectados polo estudo de detalle.

Cuarto. Comunicar á consellería competente en materia de urbanismo da aprobación do estudo de detalle, á vez que se lle dá traslado dun exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado, co fin de ser inscrito no Rexistro de Plan Urbanístico de Galicia.

Quinto. Facultar o alcalde presidente para subscribir e asinar toda clase de documentos e en xeral para todo o relacionado con este asunto».

Contra o presente acordo interporase recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

San Cibrao das Viñas, 17 de marzo de 2021

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde