Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 23 de marzo de 2021 Páx. 16074

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Santiago de Compostela

CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio do 25 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral da Universidade de Santiago de Compostela, de extravío dun título propio de Máster de xestión da cooperación internacional e das ONG, número de rexistro 201203298.

Advertido erro no devandito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 30, do 15 de febreiro de 2021, cómpre facer a oportuna corrección:

Na páxina 9679, na cabeceira do anuncio, na liña 2, onde di: «certificado de aptitude pedagóxica», debe dicir: «Máster de xestión da cooperación internacional e das ONG».

Na páxina 9679, no primeiro parágrafo do texto do anuncio, na liña 1, onde di: «certificado de aptitude pedagóxica», debe dicir: «Máster de xestión da cooperación internacional e das ONG».