Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 23 de marzo de 2021 Páx. 15916

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 10 de marzo de 2021 pola que se autoriza o cambio de denominación específica do IES Calvo Sotelo do concello da Coruña.

De conformidade co previsto no artigo 3.1 e 2 do Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, aprobado polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Código: 15004204.

Denominación actual: Instituto Educación Secundaria (IES) Calvo Sotelo.

Nova denominación: Instituto Educación Secundaria (IES) Rosalía Mera.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade