Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 23 de marzo de 2021 Páx. 15924

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 11 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE209F).

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 22, do mércores 3 de febreiro de 2021, efectúase a seguinte corrección:

Na páxina 6951, artigo 6.2.a).1º, onde di: «No caso da pesca de lixo activa, as embarcacións pesqueiras (persoas armadoras) poden recibir unha compensación económica pola recollida de lixo activa correspondente aos ingresos medios da actividade pesqueira da frota de artes menores no trienio 2016-2018...», debe dicir: «No caso da pesca de lixo activa, as embarcacións pesqueiras (persoas armadoras) poden recibir unha compensación económica pola recollida de lixo activa correspondente aos ingresos medios da actividade pesqueira da frota de artes menores no trienio 2017-2019...».