Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 23 de marzo de 2021 Páx. 16021

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 19/2021).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 19/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Saúl Fontán Ribada contra a empresa Croma Pintores 2018, S.L., sobre despedimento, se ditaron as seguintes resolucións:

Auto en que se despacha execución, do 26.2.2021, impugnable en reposición no prazo de tres días, o cal se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

Dilixencias de ordenación, do 26.2.2021, impugnables en revisión no prazo de tres días, as cales se encontran á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Croma Pintores 2018, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 26 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza