Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 22 de marzo de 2021 Páx. 15834

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 8 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican aos interesados as afeccións pola construción dunha instalación eléctrica prevista no concello do Beariz, na provincia de Ourense.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e sendo infrutuosa a notificación efectuada aos propietarios dos predios que se sinalan no anexo, por seren descoñecidos, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE; sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no sinalado artigo 44, este anuncio publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados son informados de que o expediente IN407A 2021/8-3, correspondente á instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT ALB801 apoio AMPMV100//81-13, está á súa disposición, durante o prazo de vinte (20) días, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1-3º andar (Servizo de Enerxía e Minas). O proxecto tamén se encontra dispoñible para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 8 de marzo de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2021/8-3.

Termo municipal: Beariz.

Denominación da instalación: Regulamentación LMT ALB801 apoio AMPMV100//81-13.

Predio nº: 1.

Cultivo: carballeira.

Lugar: Alargos.

Referencia catastral: 32012A012003360000UX.

Titular: descoñecido.

Enderezo: descoñecido.

Afección: 1 m2 de ocupación para o apoio 13-1.