Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 22 de marzo de 2021 Páx. 15858

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 8 de marzo de 2021, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no procedemento sancionador ES-P-042/20 e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentadas as notificacións persoais nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto adoptouno a instrutora do procedemento.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, 4º andar, Pontevedra.

Dada a situación actual ocasionada pola Covid-19, a comparecencia solicitarase a través do seguinte correo electrónico: cita.igvs.pontevedra@xunta.gal.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 8 de marzo de 2021

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: ES-P-042/20.

NIF: 33524186F.

Acto obxecto de notificación: proposta.

Expediente: ES-P-051/20.

NIF: 71498513T e 76747056N.

Acto obxecto de notificación: proposta.

Expediente: ES-P-058/20.

NIF: 76994523E.

Acto obxecto de notificación: proposta.