Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 18 de marzo de 2021 Páx. 15521

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambados

ANUNCIO de información pública do Plan especial de ordenación do porto de San Tomé-Tragove.

A Xunta de Goberno local do Concello de Cambados, en sesión extraordinaria que tivo lugar o 4 de marzo de 2021, adoptou acordo de aprobación inicial do Plan especial de ordenación do porto de San Tomé-Tragove.

De conformidade co disposto no artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública durante o prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da última publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Diario de Arousa.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado/a en días hábiles na Casa do Concello (praza do Concello, 1, das 9.00 ás 14.00 horas), así como no taboleiro de anuncios da sede electrónica da entidade (https://cambados.sedelectronica.gal, na categoría de Urbanismo) e no portal de transparencia da web municipal (www.cambados.es), para formular as alegacións que se consideren pertinentes.

De acordo co disposto no artigo 47 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 86 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente, coas excepcións previstas no Regulamento da Lei do solo.

Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos, contados desde esta aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do plan especial.

Cambados, 5 de marzo de 2021

Fátima Abal Roma
Alcaldesa