Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 18 de marzo de 2021 Páx. 15509

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 5 de marzo de 2021 polo que se notifica a resolución de caducidade do expediente de restitución e reposición da legalidade POL/17/2018.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data 11.2.2021, ditou resolución no expediente de restitución e reposición da legalidade POL/17/2018, tramitado pola realización de obras, dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Bizocas, San Vicente do Mar, no termo municipal do Grove (Pontevedra).

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución a Ana María Pérez Oubiña, Marina Pérez Oubiña, Jorge Pérez Rivas e herdeiros de María Teresa Argibay García, mediante o presente anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos destinatarios enriba indicados, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística