Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 18 de marzo de 2021 Páx. 15480

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 5 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a afección dun predio por unha instalación eléctrica prevista no concello do Carballiño, na provincia de Ourense.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e sendo infrutuosa a notificación ao propietario do predio que se sinala no anexo, por ser este descoñecido, a continuación publícase este anuncio que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE; sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no sinalado no artigo 44, este anuncio publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados son informados de que o expediente IN407A 2021/13-3, correspondente á instalación eléctrica denominada regulamentación LMT ALB803 apoio D38-8 (O Carballiño), está á súa disposición durante un prazo de vinte (20) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º andar (Servizo de Enerxía e Minas). O proxecto tamén se encontra dispoñible para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica).

Ourense, 5 de marzo de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2021/13-3.

Concello: O Carballiño.

Denominación da instalación: regulamentación LMT ALB803 apoio D38-8 (O Carballiño).

Predio nº: 1.

Lugar: monte queimado.

Cultivo : viña secaño.

Referencia catastral: 32020A037014220000RP.

Titular: descoñecido.

Enderezo: descoñecido.

Afección: 2 m² de ocupación para o apoio D38-8.