De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte ao da publicación de anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o estudo de impacto ambiental para o proxecto de explotación avícola, con capacidade para 37.703 polos de ceba, na parroquia do Buriz, promovido por Avícola Vitorio Calvo, S.C., nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa), co fin de que calquera interesado poida consultalo e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.
Para os efectos deste expediente o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático.
Este estudo tamén se poderá consultar na seguinte ligazón:
http://cmatv.xunta.gal/participacion-avaliacion-proxectos.
Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2021
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático