Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 18 de marzo de 2021 Páx. 15514

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 12 de marzo de 2021, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o pagamento de depósitos previos e formalización de actas de ocupación ao non poder efectuarse as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra de clave PO/16/261.06.

Para os efectos de coñecemento dos interesados, ao resultaren infrutuosos os intentos de notificación e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio notificase ás persoas sinaladas no anexo o pagamento de depósitos previos e formalización de actas de ocupación do expediente expropiatorio polas obras do Proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-531. Treito Devesa-Bretoña. Puntos quilométricos 6+200-10+250, de clave PO/16/261.06, que terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra o día 23 de marzo de 2021.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre bens afectados, por si mesmas ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

As persoas poden tomar vista do expediente no Servizo Provincial de Pontevedra sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º (Pontevedra), en horario das 9.00 ás 14.00 horas.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 12 de marzo de 2021

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Predio

Ref. catastral

Persoa interesada

Data

Hora

1

36900A18900244

Lorenzo Piedra, María

23.3.2021

10.00

11

36900A18800207

Oujo Pintos, María del Mar

23.3.2021

10.50

12

17

36900A18800309

36900A18800317

Tilve Blanco, Severino

23.3.2021

11.00

18

36900A18800318

Blanco Lores, Eligio

23.3.2021

11.50

21-A

36900A18800329

Fernández Araujo, Víctor Manuel

23.3.2021

12.10