Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 17 de marzo de 2021 Páx. 15267

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 22 de xaneiro de 2021 pola que se notifica o acordo que resolve o recurso de reposición de varios predios (expediente 2019001340 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan e das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1 de Santiago de Compostela, 15781.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2021

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto

Persoas que se notifican

Data do acto que se notifica

Nº expediente

Predio

01544-Vía de alta capacidade Carballo-Berdoias. Clave: AC/06/140.01.75.

María del Carmen Varela Pérez

11.6.2020

2019001340

131

Carlos Pérez López

11.6.2020

2019001345

210 OT

Carlos Pérez López

11.6.2020

2019001344

210

María del Carmen Varela Pérez

11.6.2020

2019001341

133

01866-Terreos e edificacións (3 vivendas) situadas no sistema xeral ZV-10 Parque Forestal de Bastiagueiro. Termo municipal de Oleiros

María José Rodríguez Piñeiro e outra

11.6.2020

2019001094

3