Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 17 de marzo de 2021 Páx. 15278

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Veiga

ANUNCIO da aprobación inicial do expediente do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción do Centro de Iniciativas Municipais da Veiga (CIMA), na rúa A Louseira, número 4.

Con data do 9 de marzo de 2021, o Pleno do Concello da Veiga aprobou inicialmente o expediente do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción do Centro de Iniciativas Municipais da Veiga (CIMA), na rúa A Louseira nº 4 da Veiga.

En virtude do disposto no artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 186 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei 2/2016. O expediente de referencia queda sometido á información pública polo prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo, as persoas interesadas poderán examinar o seu contido nas oficinas municipais situadas na praza do Concello nº 1, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e presentar as alegacións que estimen pertinentes.

O contido integro do plan especial pódese consultar no seguinte enderezo electrónico http://aveiga.sedelectronica.gal/info

A Veiga, 10 de marzo de 2021

Juan Anta Rodríguez
Alcalde