Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 17 de marzo de 2021 Páx. 15250

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 1 de marzo de 2021 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva (expediente PON/31/2013-A1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 10.9.2020, unha resolución pola que se impón unha primeira multa coercitiva (PON/31/2013-A1), derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número PON/31/2013, a Óscar González Pereira, como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 19 de agosto de 2014, que ordenaba a demolición dunha edificación para usos residenciais no Sendeiro da Auga, 3, Millarada, Vilar de Infesta, no termo municipal de Redondela, provincia de Pontevedra, e a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras.

Ao non poder realizarse a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á persoa interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da dita resolución e constancia del tal coñecemento. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, perante o director da Axencia de Protección da legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva e que será motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse contra a resolución de que este acordo é un mero acto de execución.

Caso non exerza o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, perante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística