Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 17 de marzo de 2021 Páx. 15237

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 3 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se somete á información pública o Plan de restauración da concesión de explotación de recursos da sección C) Porto, número 2755.1 (PO/C/02755.1), situada no termo municipal de Tui, Pontevedra.

Para os efectos previstos no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre a xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese a información pública o Plan de restauración da concesión de explotación de recursos da sección C) Porto, número 2755.1 (PO/C/02755.1), situada no termo municipal de Tui e solicitado por Granitos y Canteras Miñor, S.A.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica), e alegar por escrito todo o que crean oportuno, nun prazo de trinta días hábiles, que comezará o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, presentándoas en calquera oficina das previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 3 de marzo de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra