Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 17 de marzo de 2021 Páx. 15218

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2021 pola que se dá publicidade da encomenda de xestión que formaliza a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade coa Axencia Galega de Infraestruturas para a realización de determinadas actuacións en relación co proceso de expropiación dos bens e dereitos afectados polas vías de acceso ao Hospital Gran Montecelo.

De conformidade co previsto no artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á Resolución do Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, do 10 de febreiro de 2021, pola que se encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas a realización de determinadas actuacións en relación co proceso de expropiación dos bens e dereitos afectados polas vías de acceso ao Hospital Gran Montecelo.

– Órgano encomendante: a Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde.

– Actividade: encargar á Axencia Galega de Infraestruturas prestar a asistencia técnica en todas as fases do proceso expropiatorio, en especial, no levantamento de actas previas, actas de ocupación e na fase de prezo xusto.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: a encomenda ten natureza de encarga a medio propio, de acordo co disposto nos artigos 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, e no artigo 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico. Tal condición de medio propio vén prevista no artigo 3 do Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o Estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas.

– Prazo de vixencia: será dun ano desde a súa sinatura; prorrogarase automaticamente por períodos dun ano, agás que algunha das partes exprese a vontade da súa resolución cunha antelación mínima dun mes á data do seu remate.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2021

Julio García Comesaña
Presidente do Servizo Galego de Saúde